Actualidade / Biografía Xosé Rego López, un verdadeiro dirixente obreiro Lois Pérez Leira- Xosé Rego López naceu o 8 de febreiro de 1887 nunha aldea chamada San Sebastián de Devesos, no Concello de Ortigueira. Aos trece anos emigrou cara a A Havana coa sua familia. Rego López forma parte da fundación da primeira agrupación comunista de A Havana até que en 1925 se funda o Partido Comunista de Cuba. Nesta agrupación participaron Pedro Peña, José Miguel Pérez e Carlos Baliño. Este último, histórico dirigente, foi colaborador de José Martí no Partido Revolucionario Cubano. Unha das suas tarefas neste partido era atender o traballo sindical. Por aqueles anos a colonia galega era unha das máis numerosas da illa. Os nosos emigrantes exercían como empregados de comercio, mariñeiros, obreiros da construcción, etc. As loitas sindicais destes imigrantes, despois do triunfo da revolución rusa, fixeron que militaran nas ideas do comunismo. Xunto a Xosé Rego López podemos nombrar a outros comunistas galegos que se incorporaron á loita de clases en Cuba, entre eles Enrique Lister. Tamén integraron este partido Modesto López, Manuel Porto Dapena, Felisindo Paz, Benigno Milia, Fernández Valle, Maria Arauxo “a guerrilleira”, Anxo Carcaño e outros. A política de terror antiobreiro da tiranía de Gerardo Machado de 1925 a 1933 significou a detención e expulsión de centenares de activistas estranxeiros. Esta situación leva ao movemento obreiro cubano a enviarlle unha carta ao presidente Machado para que parara as expulsións de traballadores estranxeiros. Na lista dos expulsados había moitos galegos entre eles Xosé Rego López. Estes son algúns dos detidos galegos do ano trinta:
Mentres se produce a represión da ditadura o movemento obreiro clasista denuncia estes feitos e fai chamamentos á mobilización dos traballadores. Un dos manifestos sinala: “Camaradas: unha vaga máis brutal e feroz de terror branco desencadea nestos intres o governo sobre todo o pobo de Cuba e particularmente sobre o proletariado. As suspensións das garantías constitucionais decretadas por Machado e os seus comparsas teñen por único obxecto acentuar a represión e a persecución contra os traballadores e o pobo que loita contra a fame e a explotación. Decretándose o estado de sitio, o goberno asasino que está no poder ten nas suas gadoupas aos militantes leais e loitadores da clase obreira, e cunha completa impunidade poden ser encadeados, asasinados ou masacrados como bestas. Os asasinos a soldo da policía teñen man libre para saciar a súa sede de sangue de traballadores, para encadear e perseguir aos obreiros que se revelan contra a situación actual insufríbel. O compañeiro Xosé Rego López posto en liberdade despois de cinco meses de cadea, é detido novamente ao asistir ao xuízo e expulsado na mañá do domingo 23... é necesário que as masas obreiras, nestes momentos en que o goberno se ceba nos traballadores, se agrupen ao carón da súa organización de loita Defensa Obreira Internacional...”. Manifesto de Defensa Obreira Internacional contra o terror machadista: Comité Executivo Nacional. A Havana, 24 de novembro de 1930. O movimento obreiro non pudo evitar a expulsión de Rego López quen foi conducido desde a cadea até un barco que o levou novamente á sua Galiza natal. Alá esperabao a ditadura de Primo de Ribera e pouco tempo despois a proclamación da segunda republica o 14 de abril de 1931. Ao seu regreso a Ortigueira vencellouse ao pequeno Partido Comunista que por aqueles anos agromaba como organización política na xeografia galega. A súa sede central estaba en Vigo onde comezaban a ter certa influéncia no movimento obreiro. Neira Vilas engade: "Andivo por aqui á beira de dous anos. Neste tempo vencellouse ao PC español. Organizou aos mariñeiros do pequeno porto de Espasante e dedicouse a espallar o xornal do partido". Coa caída do ditador Machado volve a Cuba en 1935, onde comeza a traballar nunha empresa de cigarros. Co estoupido da guerra civil española, Xosé Rego participa activamente da solidariedade coa España republicana. Segundo os seus próprios testemuños lembraba con moita emoción a chegada de Castelao a Cuba e a sua participación no acto antifranquista da Cervecería Polar onde o patriota galeguista, denunciou os crimes cometidos por Franco e solicitou a axuda solidária do pobo cubano. "Co triunfo revolucionário de 1959, -dínos Neira Vilas- atopou Rego un novo sentido á súa existénza, porque se fixeran realidade os soños e as loitas que o tiveran vitalmente ocupado dende sempre". Faleceu en A Havana o 15 de agosto de 1976. O dia seguinte, no Panteón das Forzas Armadas Revolucionárias do cemiterio de A Havana, baixo a presidéncia de Raúl Castro, nunha comitiva oficial, fixose unha homenaxe postuma. Alí estaban para darlle o derradeiro adeus, dirixentes políticos e sindicais e amigos deste historico dirixente comunista, que escribiu unha paxina histórica do movimento obreiro cubano.
| |||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 23/07/2004 |