Actualidade CIG-Comunicación-
A empresa pode impoñer unilateralmente a realización de novas funcións ou proceder a un cambio de posto, sen que implique un ascenso de categoría ou nivel salarial. ¿Hai limitacións na mobilidade funcional nas Caixas? Será a propia empresa a que limite a mobilidade en base aos postos de traballo ou funcións para as que se necesite un apoderamento ou unha determinada formación. Quen sexa nomeado pola empresa como Interventor ou Director terá dereito, como ata o de agora, a un nivel retributivo fixado pola Clasificación de Oficinas. Nas Caixas créase un só grupo profesional, e non hai definición das funcións do grupo, nin por niveis retributivos. Entendemos que a mobilidade funcional nas Caixas é superior á establecida no artigo 39 do Estatuto dos Traballadores/as. ¿Os administrativos terán obxectivos comerciais? Si, a Dirección poderá establecer tarefas e obxectivos comerciais individualizados para o persoal administrativo. Os apoderados terán que realizar funcións administrativas, malia que non de xeito prevalente. ¿Que pretenden, como nos vai a afectar? Coa implantación da mobilidade funcional pretenden eliminar os "puntos mortos" e "días valle" (un 30% da xornada laboral segundo algunhas caixas), procuran así un incremento da productividade. Incrementaranse pois os ritmos e as cargas de traballo, o que xunto á falta de reducción da xornada laboral levará á reducción de persoal nos centros de traballo.
| |||
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/02/2004 |