Actualidade  Vigo, 2 de decembro de 2003
Convenio de Aforro Comunicado nº 12
Unha carreira profesional “virtual”?
A carreira profesional que recolle o preacordo é en grande parte unha carreira virtual, nomeadamente para os actuais Auxiliares "A" e Oficiais 2ª. O beneficio económico a curto prazo da transformación dos trienios en salario base é a priori moi pequeno, cando non practicamente inexistente. Os beneficios deste novo sistema deben avaliarse a medio e longo prazo, e neste senso dependerán da continuidade das condicións actuais para o cobro de trienios. Calquera modificación á baixa do cobro da antigüidade deixará sen efectos os beneficios económicos da nova carreira profesional. Con este sistema os novos empregados/as tardarán 22 anos en cobrar o seu primeiro trienio. A antigüidade xa non é un dereito de todos/as, o cal podería restar resistencia para a súa desaparición en futuros convenios. Os trienios son un salario diferido que a partir de hoxe debemos defender con máis forza. Auxiliares "A" e Oficiais 2ª compran o ascenso coa súa antigüidade, o que ten varias vantaxes: - Minimiza unha posible aplicación no sector da coñecida como "Sentencia de Unicaja". Segundo esta sentencia os trienios que percibimos nas pagas extras non son un dereito, son unha concesión das Caixas.
- O Convenio Colectivo establece que o importe total que podemos cobrar en concepto de antigüidade non pode superar o 45% do salario base. O novo salario base do nivel VIII é mais alto polo que o tope se amplía ata os 559 euros/paga. Por outra banda a transformación de ata 4 trienios en salario base permitirá cobrar máis antigüidade aos traballadores/as que estaban preto do seu actual límite do 45%.
| | Salario Base | Trienio | Tope máximo | | Auxiliar A | 1.001 | 40 | 450 | | Oficial Segunda | 1.122 | 45 | 504 | | Nivel VIII | 1.243 | 50 | 559 |
O sistema creado ten poucas repercusións a curto prazo, é certo que calquera carreira profesional debe avaliarse a medio e longo prazo, pero tamén é certo que os compañeiros/as do colectivo de Auxiliares e Oficiais 2ª con antigüidade, continúan discriminados salarialmente con respecto ao resto de Oficiais que realizan as mesmas funcións. Con este sistema as Caixas obteñen a arelada seguridade xurídica evitando novas reclamacións de categoría individuais ou colectivas. A sinatura foi precipitada, era posible outro acordo máis xusto para este colectivo. En resume:
- A carreira profesional para os Auxiliares A e Oficiais 2ª actuais é virtual, o beneficio económico é moi pequeno.
- Os beneficios serán a longo prazo e dependeran do respecto ás condicións actuais para o cobro da antigüidade.
- A transformación ten varias vantaxes, cobrarase máis antigüidade pola ampliación do límite ata 559 euros por paga e tamén pola reducción da que se está a cobrar.
- As Caixas obteñen seguridade xurídica evitando novas reclamacións individuais ou colectivas. Neste senso outro acordo máis xusto era posible.
Galiza, 1 de decembro de 2003.
 Imprime e difunde.
|