ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 12 de decembro de 2003

Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 19
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Non é o mesmo pedir recuperación de
poder adquisitivo que pedir un 2,5%

Como anunciabamos no anterior comunicado, a CIG, despois de que a AEB escenificase a ruptura da Mesa de Negociación, solicitou oficialmente a intermediación da Dirección Xeral do Ministerio de Traballo para restablecer a normalidade. Entendiamos que non era bo que tódalas vías de diálogo estiveran pechadas.

Así, o 9 de decembro tivo lugar unha nova reunión da Comisión Negociadora. A patronal AEB desaproveitou a ocasión para tratar de aproximar posicións. Nin sequera falou, nin fixo ningún tipo de contraproposta.

É pois responsabilidade da AEB, e por extensión da Dirección de cada un dos Bancos asociados, a situación de conflicto que vivimos. Neste senso a mobilización é a única vía posible que nos queda aos traballadores/as para conquerir un convenio colectivo que responda ás reivindicacións sociais.

Queremos facer un chamamento a tódolos traballadores e traballadoras para que participedes nas mobilizacións que se están a convocar. A vindeira terá lugar o día 19 de decembro en Ourense cunha nova Manifestación Nacional da CIG.

As cúpulas de CCOO e UGT anunciaron que non asinarían un novo Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva se a AEB non negociaba na Banca. Finalmente veñen de asinar unha prórroga do acordo coa cúpula empresarial, pactando un tope salarial na negociación colectiva para o ano 2004 dun 2,5%.

Dende a CIG defendemos unha suba salarial de IPC+2, que permita recuperar o poder adquisitivo perdido no anterior convenio. Outros piden un 3% para o ano 2003 e un 2,5% para o ano 2004, pero non se atreven a dicilo.

Os traballadores/as do sector queren unidade de acción sindical para afrontar a situación do convenio. A unidade é posible pero require claridade nos obxectivos e un compromiso de mínimos. Para prepotencia e opacidade xa temos a AEB.

Próxima reunión 14 de xaneiro de 2004.


En resume:

  • A intermediación que solicitamos do Ministerio de Traballo forzou á patronal a reunir de novo a Mesa.
  • AEB desaproveitou a ocasión para tratar de aproximar posicións. Non fixo novas propostas.
  • A mobilización é a única vía posible, pedimos a vosa participación nas mobilizacións da CIG.
  • A vindeira terá lugar o 19 decembro en Ourense, unha nova Manifestación Nacional da CIG.
  • A unidade de acción sindical, desexada polos compañeiros/as é posible, pero require claridade e un compromiso de mínimos.


Galiza, 10 de decembro de 2003.


pdfImprime e difunde.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/12/2003
cig.informatica