ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Ourense, 16 de outubro de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 9
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Convenio Colectivo, a voltas coas categorías

O Convenio Colectivo continúa centrado na Clasificación Profesional. A patronal reiterou as liñas básicas da súa proposta:

  • Creación dun só grupo profesional que integre a todos os grupos e categorías actuais (Administrativos, Titulados e Informáticos).

  • Transposición das actuais categorías profesionais en niveis con mobilidade funcional.

  • Aceptan o ascenso para os auxiliares administrativos pero só ata o nivel equivalente á actual categoría de Oficial Segunda en 12 anos.

Dado que as categorías profesionais e a carreira profesional centran a negociación do convenio colectivo, é bo coñecer a evolución do emprego nas Caixas de Aforros por categorías laborais a nivel estatal, que presentamos na táboa seguinte:

 

1992

2001

92-01

%

Xefes

17.275

31.098

13.823

80,01

Oficiais

35.786

37.237

1.451

4,05

Auxiliares

19.064

32.549

13.485

70,74

Titulados

671

627

-44

-6,56

Informática

2.906

2.199

-707

-24,33

Axudantes Aforro

2.893

916

-1.977

-68,34

Outros

3.437

712

-2.725

-79,28

Persoal OBS*

965

1.346

381

39,48

* Ao persoal da Obra Benéfico Social non se lle aplica o Convenio de Aforro.

A patronal trata de levar ao convenio colectivo o que xa é unha realidade no sector: os “titulados”, o “persoal de informática”, os “axudantes de aforros” e “oficios e actividades varias” son categorías a extinguir. Agora ben, a transformación das categorías en niveis, non pode traducirse nunha perda de dereitos nin de salarios. Para paliar esta perda a ACARL só oferta un “Plus Convenio” de 30.000 pta/ano.

O medre do número de auxiliares nun 70,74% fronte ao 4,05% do número de oficiais, demostra a falta dun sistema obxectivo de ascenso e promoción profesional como a CIG vén denunciando.

En materia de suba salarial, de xornada laboral ou de emprego, a patronal continúa sen facer propostas.


En resume:

  • A negociación está centrada na clasificación profesional.
  • As caixas aceptan o ascenso para os auxiliares ata Oficial Segunda aos 12 anos.
  • Os titulados, os informaticos, os axudantes de aforro e de oficios varios, son categorías a extinguir.
  • A transposición das categorías en niveis non pode traducirse nunha perda de dereitos nin de salarios.
  • Continúa sen haber propostas patronais sobre suba salarial, emprego ou xornada laboral.


Galiza, 14 de outubro de 2003.


pdfImprime e difunde.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/10/2003