Actualidade  Vigo, 31 de outubro de 2003
Convenio da Banca Privada Comunicado nº 16
Daquelas augas veñen estes lodos
A reunión do día 30 de outubro foi como estaba previsto. A AEB fixo firme a súa proposta anterior, están por un convenio para este ano 2003 cunha suba salarial do 2,75%. Proposta que non facilita un avance real na negociación, simplemente adiaría o actual desencontro de posicións para o ano 2004. Sabemos que quere a AEB, malia que non fale: queren un convenio como os anteriores. Dende o ano 1980 a negociación colectiva estatal contribuíu a reducir os beneficios sociais, desregulou a xornada laboral, destruíu e precarizou o emprego e perdemos poder adquisitivo. Como contrapartida incrementouse a productividade e os beneficios empresariais acadaron cifras que a maior parte da poboación considera insultantes. O convenio colectivo 1999-2002, orixinou unha forte perda de poder adquisitivo; tampouco é casual que durante este mesmo período o emprego continuara a reducirse na Galiza. | | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | | IPC | 2,9 | 4,0 | 2,7 | 4,0 | | Suba convenio | 2,5 | 2,0 | 2,0 | 2,0 | | Perda salarial | 0,4 | 2,0 | 0,7 | 2,0 |
| Evolución emprego na Galicia no período do convenio 1999-2002 |  | | | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | Total | % | | A Coruña | 3.706 | 3.595 | 3.468 | 3.362 | -344 | -9,30 | | Lugo | 781 | 741 | 720 | 698 | -83 | -10,60 | | Ourense | 787 | 753 | 712 | 690 | -97 | -12,30 | | Pontevedra | 2.250 | 2.164 | 2.126 | 2.061 | -189 | -8,40 | | Galiza | 7.524 | 7.253 | 7.026 | 6.811 | -713 | -9,47 |
AEB non só sabe o que quere, tamén está mal acostumada xa que nos convenios estatais sempre obtivo o que quería coa única oposición do sindicalismo nacionalista. Daquelas augas veñen estes lodos. Os traballadores/as tamén sabemos o que queremos: Queremos recuperar o poder adquisitivo perdido, librar os sábados, eliminar as horas extras, garantir a creación de emprego fixo e con dereitos, eliminar a mobilidade xeográfica e homologar os dereitos do persoal de nova entrada. Na vindeira semana celebraremos un Cumio do sindicalismo nacionalista, galego e vasco (CIG, ELA e LAB), para decidir as mobilizacións a realizar. A vindeira reunión será o día 13 de novembro. En resume:
- A proposta de Convenio para o ano 2003 da AEB simplemente adía o desencontro ata o ano 2004.
- O último Convenio orixinou unha forte perda de poder adquisitivo e facilitou a destrucción de emprego.
- Entre 1999 e 2002 destruíronse na Galiza 713 postos de traballo.
- AEB está mal acostumada, sempre obtivo o que quería coa única oposición do sindicalismo nacionalista.
- Na vindeira semana celebraremos un cumio do sindicalismo galego e vasco para decidir as mobilizacións que levaremos a cabo.
Galiza, 30 de outubro de 2003.
 Imprime e difunde.
|