ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 24 de setembro de 2003

Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 13
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


A reunión da Mesa Negociadora do Convenio de Banca Privada, celebrada o 23 de setembro en Madrid, consistiu no seguinte:

Ante a negativa da AEB a tomar a palabra como requiría a situación, por parte dos sindicatos, unha vez máis, reclamouse da patronal que manifestase a súa posición con respecto a salario e xornada.

AEB contestou que non ten nada que engadir ao dito en xuntanzas anteriores e que non saben se van ter algo máis que dicir na próxima. Lembramos que na xuntanza do día 26 de xuño AEB manifestou ao respecto, sen que coñezamos outra posición, que están por un convenio de 4 anos sen cláusula de revisión salarial e que ven moi difícil a reducción de xornada.

A próxima reunión quedou fixada para o día 2 de outubro.

Chegados a este punto, tras case nove meses de negociacións, desbotadas as expectativas creadas despois de tantos rumores nos meses de verán, dende a CIG seguimos opinando que, dunha vez por todas, hai que “coller o touro polos cornos” e darlle unha resposta á patronal como se merece, na liña de conquerir, entre outras cousas, recuperación do poder adquisitivo dos nosos salarios e reducción da xornada con libranza de tódolos sábados do ano.

Neste sentido, consideramos importante continuar coas mobilizacións, tales como as que fixemos o 25 de xuño e 16 de setembro. Así mesmo, tamén para elo, é imprescindible contar coa participación e colaboración de tódolos traballadores e traballadoras do sector, polo que facemos un chamamento á vosa asistencia ás distintas asembleas convocadas pola CIG.


Galiza, 23 de setembro de 2003.


Data e hora das Asembleas do Sector Financeiro (Banca e Aforro)
A Coruña24/09/0319:00 horasSalón de Actos da CIG.
Alfonso Molina, s/n-Edificio Sindicatos.
Vigo24/09/0319:00 horasSalón de Actos da CIG.
Gregorio Espino, 47 entrechán.
Lugo24/09/0319:30 horasInstituto Lucus Augusti.
Avenida Rodríguez Mourelo, s/n.
A Estrada24/09/0317:00 horasCafetería Plaza
Ourense25/09/0319:00 horasAISS (Antiga Casa Sindical).
Parque San Lázaro, 12-baixo.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/09/2003