ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 11 de xuño de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 5
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Bloqueado o Convenio de Caixas de Aforros


A Audiencia Nacional pode obrigar a comezar de novo o proceso negociador e a ACARL permanece atrincheirada en posicións maximalistas.

A continuidade da actual Mesa Negociadora do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros está pendente da resolución dunha impugnación presentada ante a Audiencia Nacional pola Confederación Intersindical de Caixas de Aforros (CIC). Non confundir coa CIG.

Para formar parte da Mesa Negociadora, están lexitimados os sindicatos cunha representación superior ao 10% a nivel estatal ou do 15% a nivel autonómico. Polas certificacións do Ministerio de Traballo, a Audiencia Nacional podería obrigar a inclusión de CIC na Mesa Negociadora, excluíndo ao CSICA, situación que levaría a ter que constituír unha nova Mesa.


Plataforma da Patronal:

Como estaba anunciado, o 10 de xuño, despois de seis meses sen convenio, a Patronal fixo pública a súa Plataforma baseada nun recorte das condicións salariais e na introducción dunha maior mobilidade funcional e xeográfica.

Crearíanse nove grupos profesionais en substitución da anterior táboa de categorías; un complemento persoal absorbería a posible diferencia de salario base da actual categoría aos novos grupos.

Estableceríase un sistema de ascensos sen determinar para os auxiliares administrativos ata o grupo seis (¿equivalente a Oficial Segunda?).

Como contrapartida propoñen maior mobilidade funcional, recortes na antigüidade e na axuda de estudios e incrementaríase a mobilidade xeográfica.


O Convenio está nunha calella cega pendente de resolución xudicial. Ante esta situación, proximamente estudiaremos novas medidas para tratar de desbloquear a negociación.


Galiza, 11 de xuño de 2003.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/06/2003