ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 27 de xuño de 2003

Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 11
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Perto de 250 representantes sindicais dos 13.000 traballadores e traballadoras que ten o sector de Aforro en Galiza percorreron as rúas de Compostela o 25 de xuño. A manifestación é o inicio dun proceso de mobilizacións. (Ver reportaxe gráfica).
 
A manifestación da CIG do día 25 de xuño en Compostela, coa asistencia de perto de 250 delegados e delegadas, inicio dun proceso de mobilizacións, xunto con outros actos promovidos por outras organizacións sindicais, son acontecementos dos que necesariamente hai que informar e ter presentes como cuestión previa á reunión da mesa negociadora do convenio.

Despois do período de reflexión solicitado pola AEB na reunión anterior, na sesión do día 26 de xuño, tal e como estaba preestablecido na orde do día, a patronal tomou a palabra para manifestar a súa posición por primeira vez, e despois dos meses transcorridos. Como inicio, deixan pendente e sen concretar a proposta salarial e o tema de xornada para o final do proceso de negociación.

Non obstante, manifestan que están por un convenio de catro anos sen cláusula de revisión salarial e consideran moi difícil a reducción de xornada.

Ademais, enumeran toda unha serie de modificacións do articulado do convenio, que pasarán por escrito aos sindicatos para a súa análise e posterior posicionamento.

Neste sentido, son de destacar nas modificacións aludidas, a supresión da cláusula de absentismo, estender a 18 meses o tempo de percepción do 100% nos supostos de incapacidade temporal, así como a vontade de incluír redactados que melloren a conciliación da vida familiar e laboral, a igualdade de oportunidades, a non discriminación sindical, as vacacións dos técnicos, licencias, minusvalías, formación, viuvez e orfandade, etc.

Dende a CIG, sen deixar de valorar as propostas que nos pasarán por escrito, manifestamos:

  • Que é totalmente inadmisible un convenio por catro anos sen recuperación do poder adquisitivo.

  • Que nunha primeira aproximación vemos moita palla e pouco gran na exposición da AEB.

  • Que unha vez máis, quedan á marxe puntos que verdadeiramente interesan aos traballadores e traballadoras do sector, é dicir, salario, xornada, supresión da mobilidade xeográfica e dereito aos complementos de pensións para o persoal de ingreso posterior a marzo de 1980.


Quedou fixada a próxima reunión para o día 10 de xullo.


Galiza, 26 de xuño de 2003.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/06/2003