Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 23 de abril de 2003

Ano dos minusválidos na Unión Europea
 

Xosé Xavier Martínez Torea-

Actualidade GalizaCIG


Este é o ano que, segundo a Unión Europea, está adicado aos minusválidos.

¿Será por fin o ano deste colectivo, ou será outro lavado de cara fronte á sociedade como a que o PP intentou coa traxedia do chapapote?... ¿Será un modo de lavar conciencias? ou ¿será un xeito de facer ver a cidadanía que existen persoas con problemas físicos, que compre integrar de forma normal nesta sociedade, a fin de garantir a igualdade de trato de todo os seres humáns?

Esperemos, que este ano, sexa realmente o ano no que se rachen todas as barreiras sociais, laborais e incluso xudiciais, que impiden ás persoas que forman este colectivo ser tratados como corresponde: con respecto e xustiza.

Actualmente, a situación socio-laboral dos minusválidos, ten mais que ver co pasado ocultista, que cun futuro aperturista de igualdade de condicións. Por exemplo, laboralmente, un minusválido ao intentar acceder a un posto de traballo encontrase con diversas eivas, que van desde a desconfianza porque non poida desenvolver con eficacia ese traballo, ate a actitude dalgúns EMPRESARIOS de querer aproveitarse deles economicamente o con tarefas que poden degradalo como persoa. ¡¡¡Na practica cotiá hai discriminación laboral!!!. Algunhas sentencias xudiciais axudan a dar pulo ao abuso e discriminación laboral dos minusválidos.

Segundo a xustiza española, por minusválido entendese ”Aquelas persoas incapaces de realizar un traballo, calquer traballo e con calquer tipo de minusvalía, e que non se poden integrar, polo tanto, nun mercado laboral normal”.( SENTENCIAS DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA). Baseandose nas sentencias que afectan aos minusválidos, con estas afirmacións, danlle a razón a aqueles empresarios que consideran que lle fan un favor ao contratalos; polo que a relación laboral do traballador minusválido ten poucas vantaxes. Facendo as mesmas tarefas que o resto dos traballadores se lles esixe que acepten as condicións que lle pete ao empresario, pois pode botalo cando lle veña en gaña.

Para os profanos neste tema poderán entendelo mellor, atendendo o exemplo que vou poñer: Si D. Manuel Fraga (¡ oxalá que non !), tivera un accidente laboral polo que se vira incapacitado para camiñar e necesitara unha cadeira de rodas para ir dun lado a outro, segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza non podería governar este País, por incapacidade plena.

Como conclusión a todo o antes exposto, pódese afirmar que a política de inserción laboral para discapacitados do PP, merécese un SUSPENSO BAIXO CERO porque non mira as necesidades do individuo afectado. Limitase a facer unha política de subvencións que favorecen ao empresario, porén non lle da ao empregado minusválido a posibilidade de continuidade, para ter unha vida suficientemente digna e de plena integración. Ademais, aquelas persoas que polo seu grado de minusvalía cobran algunha pensión unha vez que comezan a traballar déixana de percibir na súa totalidade.

DIREITO vai unido sempre á condición necesaria de que o governo o considere un gasto Social, e poña en practica os meios legais e recursos necesarios. Doutro xeito o individuo fica desprotexido. Neste caso concreto porque non ten ningunha garantía de continuidade laboral. Xa que o ano que ven é longo da para falar moito do tema, polo que seguiremos a reflexionar sobre o que aconteza neste colectivo tan afastado de Deus.


Xosé Xavier Martínez Torea.
Compostela
.

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/04/2003