Actualidade Volver


Vigo, 8 de marzo de 2002

Paro e precariedade, principais características do emprego feminino
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com



Nos últimos anos, puxeron-se en marcha unha série de axudas, fundamentalmente bonificacións ás cotizacións á seguridade social para animar o empresariado a contratar mulleres. Despois de anos de funcionar este tipo de medidas, podemos constatar que non se deu un cambio cualitativo importante no mercado laboral feminino. Necesitan-se, polo tanto, medidas reais e efectivas.

Podemos comprobar a escasa incidéncia destas medidas nos dados que amosamos a continuación.

Evolución das principais variábeis básicas do mercado laboral galego
 

1999

2000

2001

 

Total

Home

Muller

Total

Home

Muller

Total

Home

Muller

Pov.> 16 anos

2319,7

1094,0

1225,7

2326,6

1105,3

1221,3

2327,6

1098,4

1229,1

Activos/as

1123,8

647,7

476,1

1157,9

666,7

491,2

1146,1

654,5

491,6

Ocupados/as

941,6

573,8

367,8

986,6

597,1

389,5

987,3

588,2

399,2

Parados/as

182,1

73,8

108,3

171,3

69,6

101,7

158,7

66,3

92,4

Inactivos/as

1187,7

438,2

749,5

1162,8

432,8

730,0

1181,5

443,9

737,5

Fonte: EPA. IGE. Datos en miles, medias anuais.

 Clic para aumentar
Prestacións dignas para unha maternidade sen atrancos.
 
As mulleres son maioria entre a povoación maior de 16 anos; no cadro anterior vemos que hai 1.229.100 mulleres fronte a 1.098.400 homes, 130.700 máis; esta primacia en canto á povoación, vira de signo nas variábeis que meden a integración laboral: activas e ocupadas.

No que atinxe ás activas, só un 40% (491.600) das mulleres en idade de traballar están traballando ou en busca de emprego. No caso dos homes a taxa de actividade está no 59,4% (654.500). Encontramo-nos aqui coa primeira gran diferenza entre homes e mulleres no mercado laboral galego: a taxa de actividade masculina supera en case 20 pontos a feminina. Estas diferenzas manteñen-se apesar que no último ano baixou o número de homes en activo mentres o de mulleres se mantivo.

Das 491.600 activas, traballan 399.200, co cal quedan 92.400 no paro. Con respeito ao ano anterior produciu-se un aumento de mulleres con traballo, concretamente nun 2,5%, que xunto ao mantimento do número de activas levou a unha redución da taxa de paro de 2 pontos, do 20,7% no ano 2000 ao 18,7% en 2001.

Esta evolución da ocupación non foi homoxénea ao longo do ano; de feito, o ponto máis alto produciu-se no terceiro trimestre do ano, para xa no cuarto dar-se unha redución importante das mulleres ocupadas, rematando, como dixemos antes, cun aumento do 2,5%. Son mulleres que se incorporaron ao traballo como asalariadas e na maioria dos casos con contrato temporal. No resto das categorias profisionais (empresárias e axudas familiares) baixou a ocupación feminina con respeito ao ano 2000.

De média houbo 264.300 mulleres asalariadas en Galiza ao longo do ano 2001. As diferenzas segundo o tipo de contrato, así como a evolución con respecto ao 2000, expomo-las no cadro seguinte:

Porcentaxe de povoación ocupada asalariada segundo sexo e tipo de contrato
 

2000

2001

 

Home

Muller

Total

Home

Muller

Total

Contrato indefinido

66,4

64,9

65,7

66,5

64,8

65,8

Contrato temporal

33,9

35,1

34,3

33,5

35,2

34,2

Total

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Fonte: EPA. IGE. Datos en miles, medias anuais.

Apesar que neste último ano se reduciu unha décima a temporalidade en Galiza (pasou dun 34,3% en 2000 a un 34,2% en 2001), entre as mulleres aumentou nunha décima, alcanzando o 35,2% das mulleres asalariadas, 1,7 puntos maior que a dos homes e un ponto por riba da média galega.

A temporalidade alcanza o 35,2% das mulleres asalariadas galegas en 2001.

Na média estatal, a temporalidade entre as mulleres é inferior; neste caso alcanza o 34,1% no ano 2001, como vemos, 1,1 pontos inferior a Galiza.

Este aumento da temporalidade é froito do tipo de contratación utilizado en cada sexo. O número total de contratos rexistrados en 2001, asi como a diferenza por sexos, amosa-se no cadro seguinte:

Contratos por sexos no ano 2001
 

Home

Muller

Total

Duración temporal

382.955

274.446

657.401

Por obra ou servizo determinado

160.505

67.492

227.997

Eventual por circunstáncias da produccíon

127.141

67.122

194.263

Interinidade

16.248

33.443

49.691

Temporal para minusválidos/as

315

77

392

A tempo parcial

44.388

82.100

126.488

Substitución por xubilación aos 64 anos

53

29

82

Práticas

2.958

2.731

5.689

Formación Lei 63/97

8.199

4.459

12.658

Minusválidos/as en CEE

285

166

451

Outros

22.863

16.827

39.690

Duración indefinida

32.592

20.265

52.857

Indefinidos ordinários

11.169

2.722

13.891

Indefinidos Lei 63/97

6.502

7.371

13.873

Minusválidos/as

420

131

551

Contratos convertidos en indefinidos

14.501

10.041

24.542

Total contratos

415.547

294.711

710.258

Fonte: Elaboración própria a partir dos datos do INEM.

 Mulleres na conserva axeitando o bonito, de Conde Corbal
A falla de postos de traballo, e sobretodo de postos de traballo de calidade, leva a que moitos mozos e mozas galegas emigren a outras comunidades en busca de mellores oportunidades. Mesmo en Galiza, as províncias do interior están quedando praticamente deshabitadas.
 
Do total de contratos rexistrados no ano 2001, un 41,5% foron asinados por mulleres. Esta diferenza cos homes en princípio está en proporción co número de asalariados de cada sexo en Galiza; pero en cámbio, ao facer a distinción polo tipo de contrato que prima en cada sexo, as diferenzas xa son substanciais.

Entre as mulleres, o contrato máis utilizado segue sendo o de a tempo parcial; concretamente no ano 2001 o 27% dos contratos asinados por mulleres foron baixo esta modalidade; seguen-lle os de obra ou servizo determinado e os eventuais por circunstáncias da produción, co 22% cada un deles. Vemos que entre estas tres modalidades de contratación acaparan o 71% do total. As tres modalidades son contratacións temporais.

No que atinxe aos contratos indefinidos, só o 38,3% do total son asinados por mulleres; vemos que aqui a proporción é menor que no caso de duración determinada; isto explica a maior temporalidade e a maior rotación.

Xunto á maior preponderáncia dos contratos temporais existe unha elevada rotación do emprego; 93.200 mulleres con contrato temporal, asinaron 274.446 contratos de duración determinada, o que nos dá unha média de 2,9 contratos por muller ao longo do 2001.

A elevada taxa de paro é outro dos males endémicos das mulleres traballadoras galegas. Mália o descenso de 2 pontos no ano 2001 con respecto á anterior, esta situa-se no 18,7% da povoación activa feminina, 8,6 pontos superior á masculina. Con respeito á média comunitária é 8,4 pontos superior xa que no ano 2001 a taxa de paro feminina das mulleres da Unión Europea está no 10,3%.

Xunto a estas elevadas taxas de paro, persisten diferenzas moi fortes por grupos de idade; as mozas galegas teñen moitas dificuldades para atopar traballo. Os dados das taxas de paro por grupos de idade e sexos nos dous últimos anos, son os expostos a continuación:

Taxas de paro por sexo e idade
 

Home

Muller

Total

Idade

2000

2001

2000

2001

2000

2001

Menores de 29 anos

19,2

20,7

38,9

34,4

27,2

26,3

De 30 a 45 anos

8,7

7,5

19,1

18,6

13,3

12,4

Máis de 45 anos

6,8

6,6

8,2

6,9

7,3

6,7

Total

10,4

10,1

20,7

18,7

14,7

13,8

Fonte: EPA. IGE. Médias anuais.

Tanto para as mulleres como para os homes, as taxas de paro entre a mocidade son moi altas; apesar do descenso do ano 2001, o 34,4% das mulleres menores de 29 anos en activo en Galiza están paradas.

Esta persistente situación da mocidade galega, cos níveis de formación máis altos da nosa história, é unha lacra que se debe atallar, xa que nun futuro poderian derivar-se destas situación consecuéncias moi prexudiciais.

A falla de postos de traballo, e sobretodo de postos de traballo de calidade, leva a que moitos mozos e mozas galegas emigren a outras comunidades en busca de mellores oportunidades. Mesmo en Galiza, as províncias do interior están quedando praticamente deshabitadas; a maior falla de postos de traballo para mulleres fan que estas cámbien de concello ou província en maior número que os homes.

Considerando os altos níveis de emigración, hai que subliñar que quen emigra son persoas novas cun bo nível de formación, que van desenvolver a sua vida laboral fóra de Galiza, privando a sociedade galega das contribucións futuras que puideran facer en todos os eidos.

Outro dos males é a baixa taxa de natalidade que existe en Galiza. Está demostrado que a non dispoñibilidade dun emprego limita de forma notábel a natalidade; isto, xunto á falla de servizos públicos que a apoien, leva a que en Galiza se dee a taxa máis baixa do Estado español: 1,05 fillos por muller en 1999.

Tendo en conta globalmente todos estes dados, a Secretaria da Muller da CIG decidiu desenvolver a sua campaña deste 8 de marzo de 2002 baixo o lema “Prestacións dignas para unha maternidade sen atrancos”.


Galiza, 8 de marzo de 2002.

Gabinete Técnico Confederal e Secretaria da Muller da CIG.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2002