Actualidade CIG-Comunicación- A esta charla, na que interviñeron Beatriz Caamaño Rascado, graduada social; Transi Fernández Fernández, secretaria comarcal da Federación de Servicios da CIG; e María Reza Torrado, secretaria comarcal da Muller da CIG, asistiron máis de 100 delegadas da CIG de distintos sectores. Rematada a charla, a continuación levouse a cabo un acto reivindicativo no “Monumento ao Traballo”, situado na Gran Vía de Vigo, á altura do cruce coa rúa Urzaiz, consistente en colocar en dito monumento unha pancarta coa lenda “As Mulleres Tamén Traballamos”, xa que nesta monumental obra (2,30x2x10 metros) feita en bronce polo escultor Ramón Conde (1991) non está representada ningunha muller a pesar de que estas están incorporadas ao mundo do traballo dende hai séculos. | ||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/03/2002 |