Actualidade / Artigo Santiago, 15 de xaneiro de 2002 Espera-se un leve reponte do euro
Que pasará este ano coa relación euro-dólar? É difícil dicé-lo porque o dólar, nestes últimos tempos, desafiou as convencións. Cando se produciu a desaceleración da economia de EEUU o ano pasado, pensou-se que o dólar perderia valor. Se ben algo se debilitou, se mantivo relativamente forte. Tras os atentados terroristas, subpuxo-se que a moeda estadounidense sofreria unha nova declinación. Pero non foi asi: de feito, o dólar está un pouco mais forte en relación ao euro que o 10 de setembro, e moito mais forte en relación ao ien. Para este ano, moitos analistas pensan que o dólar seguirá subindo fronte ao ien. A 131,62 ienes por dólar a fins do 2001, a moeda nipona xa leva unha baixa de tres anos fronte ao seu par estadounidense. Unha das razóns que motivan este prognóstico é que a economia xaponesa está novamente en recesión e non se vislumbra nengun sinal de recuperación. A segunda razón é que o Banco de Xapón e o governo nipón están a deprimir o ien. Un ien mais débil poderia contribuir a unha recuperación porque abarataría as exportacións xaponesas. Moitos opinan que para fins do 2002 o dólar poderia chegar aos 135 ienes, como mínimo. E que se o governo xaponés fai esforzos mais agresivos para reducir o valor da sua moeda, o dólar poderia subir ainda mais. Un limite para o debilitamento do ien poderia ser China, que xa dixo que non quere un ien mais barato. Un ien mais débil permitiria-lles ás compañías xaponesas competir mellor cos exportadores chinos no mercado internacional. Os analistas teñen reparos en facer un prognóstico da evolución do euro para este ano, en parte porque as suas anteriores prediccións dun euro forte resultaron erradas. Desde o seu lanzamento, o euro se depreciou 23,6%, incluída a caída dun 5,5% o ano pasado. A boa notícia é que o ano pasado caiu menos que nos dous anteriores (5,5%), e que o seu pior nível -até agora- o tivo no 2000. Este é o ano en que o euro, que naceu o 1 de xaneiro de 1999 como unidade de conta, pasa a ser unha moeda tanxíbel en 12 paises. Pero non fica claro se isto marcará algunha diferenza. Hai quen opina que o euro vai a declinar por cuarto ano consecutivo. Segundo outros, a moeda europea finalmente repontaria, culminando o 2002 un pouco mais forte fronte ao dólar. Moitos analistas son optimistas, pero non porque pensen que o euro mudou de repente e agora vai ser unha moeda forte. Os economistas en xeral teñen un prognóstico moi débil para a economia de EE.UU. nos comezos do 2002, e opinan que a bolsa terá un pobre desempeño. Por isto, crien que os investimentistas se van a alonxarar dos mercados estadounidenses e, por ende, os inversores europeos non necesitarán mercar tantos dólares e a moeda de EE.UU. rexistrará entón unha baixa. O euro estaria a $1 para a primavera, o que significará un aumento de 12,2 % desde fins do 2001. (Pero ainda asi o euro ficaria 16,7 % por embaixo do seu valor inicial de $1,16675.) Pero se a economia estadounidense dá un volco nuns meses, o dólar vai repontar. En consecuencia, para fin de ano, subpón-se que o euro abalará de novo entre 90 e 95 centavos.
Imperator de opereta
R.M.
Imperador de opereta, Aznar non puido evitar comportarse co novo governo arxentino como o centinela dos intereses das grandes empresas españolas no país austral. As medidas económicas de Duhalde porán-lle couto a unha etapa de ganáncias fabulosas para Telefónica, BBVA, Repsol, Endesa, etc. Esas ganáncias fabulosas non ficaban en Arxentina e retornaban á centrífuga madrileña destas multinacionais. De aí saían para outras partes do mundo a continuar a reprodución ampliada do capital. Pero a povoazón arxentina pagaba as consecuencias en emprobrecimento, altos prezos, desemprego. É a lóxica do saqueo. Quen quitou mais diñeiro de Arxentina, os saqueadores a peito descuberto dos disturbios decembrinos, ou os encumbrados executivos españois que xiraban fabulosas ganáncias ás centrífugas de Madrid? A prensa arxentina reseña estes dias as groseiras presións que Aznar exerceu sobre o governo de Duhalde. As empresas españolas non queren perder nin un dólar en Arxentina. Ao BBVA non lle gosta a pesificación das dévedas de menos de 100 mil dólares, a Repsol non lle gosta o imposto sobre a exportación de combustíbeis, a Telefónica e a Endesa non lles gosta que lles conxelen as tarifas dos servizos que emprestan. O servizo telefónico arxentino ten o triste record de ser o mais caro do mundo. A prensa arxentina di que as empresas españolas ameazaron con despidos, retiro de investimentos. E Aznar quer que Duhalde negocie o pacote de medidas coas empresas españolas e cos sindicatos corruptos. Exactamente o mesmo que se fai aqui. Por sorte para Arxentina, o imperador do bigotiño non dispón da parafernalia bélica de míster Bush. Pero si haberá quen pague as bravuconadas de Aznar e os seus rapaces: a imensa colónia española e galega morante en Arxentina, a cal sofrerá o antiespañolismo que incuban os imperadores de opereta e os saqueadores de chaqueta e corbata.
Continúa o aumento do desemprego por cuarto mes consecutivo en Galiza
Dende o mes de agosto pasado o paro rexistrado (inferior ao real) aumentou até decembro en 18.543 persoas en Galiza, un 12,1% do total da povoación activa, e case que 3 pontos por riba da meia do Estado. Só Andalucía rexistrou un medre do desemprego maior, mais debemos ter en conta que ten unha povoación tres veces superior á galega, sinala un recente estudo da Secretaria de Formación Sindical da CIG. O paro medrou en practicamente todas as nacionalidades e autonomías confirmando a queda no crecemento económico, e con toda seguridade unha xeira de recesión, que xa se manifesta en Estados Unidos, Alemaña e Xapón. Sen lugar a dúbidas a EPA do 4º trimestre amosará este recuar no emprego, e un paro real que pode estar perto do 15% a estas alturas. Este medre do paro rexistrado en Galiza dase mália o aumento da emigración galega a outras partes do Estado (especialmente dirixida á construción e hostelaría). É verdade que nos dous últimos anos a imigración e os retornados superaron en cifras aos emigrantes, mais unha parte destes non están anotados nas oficinas de colocación, aínda que non teñan emprego, xa que non teñen regularizada a súa situación (unha grave problema que cumpre solucionar axiña). O seguinte cadro reflicte as taxas de desemprego nalgunhas das nacionalidades e comunidades autónomas. A porcentaxe de paro en Galiza é dos máis altos, perto do dobre que en Cataluña, Valencia e Madrid. 


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/01/2002 |