Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 23 de novembro de 2001

Arxentina: adeus ao Plano de Convertebilidade
 

Ramón Maceiras-

CIG-Comunicación



A importáncia dos mecanismos de sinalizazón e dos símbolos na economia dos nosos dias non pode ter ficado mais en evidéncia durante as declaracións mais recentes do Presidente do Banco Central de Arxentina, Roque Maccarone, ao Wall Street Journal (WSJ).

En primeiro lugar, o artigo fai énfase cada vez que se refere a Maccarone como ao Presidente do Banco Central, unha figura que os arxentinos desde 1991 escoitaran moi pouco, enenvoltados entón pola eufória colectiva que xerou o Plano de Convertebilidade, a eliminación do Banco Central (repetida até o cansanzo), e o pasar a ter a mesma moeda que os Estados Unidos.

Agora quen fala é Maccaroni, Presidente do Banco Central da República Arxentina, xa non fala Cavallo, Ministro de Economia. Agora a mensaxe de que o governo vai manter a estabilidade cambiária non importa a disciplina fiscal que sexa necesária, difundida por Cavallo desde a sua re-nomeazón até hai moi pouco, está a ser substituida pola retórica de Maccaroni: "Non queremos que a convertebilidade dure para sempre; o problema é escoller o momento axeitado".

Maccaroni foi inclusive un pouco mais lonxe ao recoñecer que o momento ideal para abandonar a convertebilidade foi 1994, cando a economia arxentina estaba a medrar a níveis do 7% anual; non agora, cando o país está en meio dunha forte recesión económica que tombou a fonte de ingresos fiscais principais, o ISLR, e o IVA. É para lembrar aos que expuxeron as bondades da experiéncia arxentina como aproximación ao modelo neoliberal, que Arxentina se mantivo durante estes dez anos co imposto ao valor agregado mais alto de América Latina.

Adicionalmente, hoxe en dia 70% dos depósitos da banca e a maioria dos contratos de financiamento - empréstimos e hipotecas - atopan-se denominados en dólares, polo que unha devaluación viria a pór unha forte presión sobre o sistema de pagos da economia, a pór a risco ao sistema bancário. Un non se explica porque ambos (Cavallo e Maccaroni) solicitaron ás instituizóns bancárias arxentinas que teñen fondos depositados no exterior que repatríen 2 mil millóns de dólares de reservas para manter os requerementos mínimos de reserva que o sistema actual arxentino necesita para funcionar.

De maneira que a mensaxe implícita mudou. En lugar de ter a Cavallo a dicer que os investimentistas tiñan razón, que o esquema era insostíbel, e que o que tentaba o governo era facer crer que era sostíbel a ver se chegaba ás eleizóns de Outubro, pero non funcionou; temos a Maccaroni a recoñecer que a convertebilidade non debe durar para sempre, pero hai que buscar "o momento axeitado". Lamentabelmente o espazo de manobra se está a acabar e moi probabelmente o governo non vaia ter o benefício de escoller o momento axeitado. Ese, o momento axeitado, vai vir imposto polas circunstáncias.



Iniciará-se en xaneiro a mais polémica negociación comercial mundial

As mais polémicas negociacións comerciais que coñeceu a humanidade se iniciarán a partir de xaneiro do 2002 tras o acordo atinxido na IV Conferéncia da Organización Mundial de Comércio (OMC) que concluiu esta semana en Doha, Qatar.

Redacción/Prensa Latina/Inter Press Service

Trata-se mais dun acordo de compromiso logrado por cansanzo debido á necesidade de manter un foro de negociacións entre ricos e pobres, que dunha expresión de vontade política dos paises industrializados de solucionar os graves problemas que enfronta a economia mundial.

Os atrancos que travaron a xuntanza foron superados só na sua dimensión semántica con fórmulas gramaticais que complicarán nun futuro as negociacións cando comecen as interpretacións libres dos termos. Na sua dimensión prática seguen os mesmos obstáculos ao comércio que até agora.

Nese caso está o "consenso" logrado no urticante tema dos subsídios agrícolas, onde á palabra "eliminación" se lle deu unha connotación redutora en lugar de prescindinte.

A Unión Europea negou-se a subscreber un compromiso para "eliminar progresivamente" os subsídios ás exportacións agrícolas, como exixian os 18 paises do Grupo de Cairns que non subvencionan aos produtores, e se negou a votar unha declaración que tivese esa frase.

A saída de "consenso" foi agregar un parágrafo e sinalar que as negociacións se levarán a cabo "sen prexulgar sobre o seu resuldado final", é dicer sen que haxa necesariamente que acordar o fin de todos os subsídios.

De ali que a palabra "eliminar" perdera o seu significado e fose interpretada como "reducir" pola UE. Ou o que é o mesmo, Europa non renúncia a seguir subsidiando as suas exportacións agrícolas, o cal introducirá un sabor ben amargo á nova rolda.

Outro botón de mostra oferecen-o as obxecións plantexadas pola Índia á apertura do mercado de textis, a interacción entre comércio e política de competéncia, e a relazón entre comércio e investimentos, o que travou a conferéncia no seu tramo final e prolongou-na 24 horas mais.

A liorta textil está na interpretación sobre a velocidade á que os paises industrializados deben abrir o seu mercado. A Índia buscaba unha fórmula para que a apertura sexa mais rápida, pero Estados Unidos opuxo-se e, xunto a Canadá, nega-se a reducir os aranceis para esas importacións.

Os outros dous temas obxectados, a relazón entre comércio e investimentos e comércio e competéncia, atan ao estabelecemento dun marco multilateral que interfere coas políticas nacionais neses sectores e coas estratéxias de desenvolvimento.

A fórmula para sair do oco non foi satisfacer as demandas da Índia e os paises que a apoiaban, senon deixá-la fóra das negociacións coa aprobación dunha cláusula de non participación. Iso quer dicer que Estados Unidos non variará a sua posición actual no tema textil nen nos demáis obxectados.

Encanto aos fármacos, adoptou-se unha declaración ministerial aparte sobre o direito a dispor de medicinas baratas, a pesar da protección das patentes, e outra que recoñece os problemas dos paises pobres para pór en marcha anteriores acordos da OMC e a necesidade de lles axudar.

Esa, en sentido xeral, é a tónica do documento final, o cal fora cualificado antes polo presidente do Consello Xeral da OMC, Stuart Harbinson, de texto que non satisfará a todos pero que servirá de base para as negociacións que comezarán en xaneiro do 2002 e acabarán en igual mes do 2005.

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/11/2001