Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 30 de outubro de 2001

Fidel e a batalla das ideas
 

Ramón Maceiras-

CIG-Comunicación



Resumo das versións do discurso de Fidel Castro na Habana con motivo do Congreso de Xornalistas Latinoamericanos celebrado entre o 8 e o 11 de outubro deste ano.

Nun congreso de xornalistas organizado na Habana e marcado pola guerra, o presidente de Cuba lanzou o que chamou unha "batalla de ideas". O Congreso de Xornalistas convocado pola Unión de Xornalistas de Cuba sesionou durante catro dias na Habana, entre o luns 8 e o xoves 11, baixo o signo da guerra, e inaugurou-se no mesmo momento en que as bombas caían sobre Kabul.

O congreso de xornalistas, convocado para instrumentar a coordenación que permita desplegar un discurso contrahexemónico, viveu a experiéncia dunha reelaboración e unha redefinición de propostas a medida que se acumulaban sucesos extraordinários. Non foi necesário, por exemplo, fundamentar as consecuéncias dun proceso de concentración e trasnacionalización dos meios de comunicación: a cadea CNN aforrou o traballo cando admiteu a sua disposición a censurarse e agardar o visto e prace do Departamento de Estado para difundir notícias, a sabendas de que moitos serán mentiras propagandísticas.

"A propaganda imperialista traballa con reflexos condicionados. Tocan un reflexo, non un razoamento", dixo Fidel. "Nós, e todos vostés, temos ideas. E aquilos non teñen ideas. Están indefensos, desarmados. Vemo-lo todos os dias. Gastan todos os seus trucos en mísis e mentiras, as cais non resisten as probas da argumentación e da verdade." Plantexou que "para fomentar concencias no mundo de hoxe debe falar-se de cultura e de coñecementos, porque non hai ideas sen coñecementos". E dixo: "Podemos lanzar as bombas das ideas e ver como caen no lugar exacto e crian o efeito exacto. Temos moita munición e eles non teñen municións encanto ás ideas".

Presente durante todas as xonadas de deliberacións, Castro apelou á imaxe bélica para reforzar unha idea, e interromper inesperadamente a alguns oradores. "Unha boa estratéxia e unha boa táctica aconsellan ás veces concentrar todo o fogo nun lugar, e ás veces disparar en todos os sentidos." Castro disparou en todos os sentidos: censurou a docilidade dos partidos comunistas ante as directivas soviéticas, descualificou a comandantes guerrilleiros salvadoreños que agora aprenden o neoliberalismo en universidades estadounidenses ("¡vin cousas, cabaleiro!"), revelou pormenores da guerra de Angola, confirmou a asistencia militar que Cuba emprestou a Panamá en vísperas da invasión estadounidense, e voltou a maltratar aos gobernos latinoamericanos que antes cualificara de "lamebotas" cando sucumbiron, a comezos deste ano, ás presións para condenar a Cuba en Xenebra por supostas violacións aos direitos humanos, e que agora voltan a doblegarse ante as presións de Estados Unidos para segundar unha guerra que, anticipou, cobrará mais vítimas inocentes que os atentados de Nova York. "Agora, cando acontecen acontecimentos como éste, que voan bombas e cohetes, a tembladeira é universal", comentou. "Con algunhas excepcións, teñen o costume de obedecer; algunha mutazón produciu-se na xente que fixo a guerra da independéncia", agregou en meio de risos xeneralizados. As suas brincadeiras acedas non distinguiron entre campos ideolóxicos: antes cualificara aos paises comunistas de Europa oriental como "revolucións por inseminación artificial".

Algunhas das suas afirmacións provocaron reaccións políticas e diplomáticas imediatas, pero Fidel se excusou ao dicer que despois de 40 anos de loitar contra as agresións, o bloqueo e o isolamento, "perdemos o instinto de conservación". Dirixintes meios do Partido Comunista e funcionários do goberno admitiron que "se están a ouvir cousas que nunca se dixeron".

A reiteración de tais "primicias" nas suas sucesivas intervencións espontáneas suxeria a vontade, en Fidel, dunha revisión crítica do papel xogado por Cuba no continente; reafirmaba tamén a convicción de que o máximo dirixinte da revolución cubana reclamaba para Cuba un papel protagónico ao comezo dunha nova etapa no continente, signada pola ameaza dunha expansión imperialista a través do Alca e do Plano Colombia e a cabalo da guerra. "Este mundo está complicado para o sistema dominante. Puxemos-lle un nome a esta loita que levamos: batalla de ideas. Chegamos á conclusión de que as ideas son a chave, é unha batalla da verdade contra a mentira."

E convocou "á unidade" para enfrentar a nova conxuntura: "chegou o momento dos grandes trocos que xurden das grandes crises".
Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/10/2001