Actualidade Decreto de medidas urxentes de reforma do mercado do traballo CIG- En realidade, este Decreto vén supor unha nova contrarreforma laboral, favorecedora dos intereses patronais e altamente lesiva cos intereses da clase traballadora, que vai quedar máis unha vez á mercé de medidas que abarantan o despedimento e reducen direitos adquiridos en anos de acción e loitas sindicais. A seguir, reproducimos polo seu interese o texto íntegro desta reforma laboral do 2001, asi como duas urxentes avaliacións sobre o texto que asinan Fernando Acuña e Manuel Mera, secretário xeral e presidente da Confederación, respectivamente. (Hoxe, martes 6 de marzo, o Secretariado Confederal tiña entre os seus pontos unha análise máis detallada desta reforma laboral do PP e da resposta que como central sindical se lle vai dar). Real Decreto-Lei 5/2001, do 2 de marzo, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento do emprego e a mellora da sua calidade Publicado no BOE do 3 de marzo do 2001. A política de emprego desenvolvida nas duas últimas lexislaturas veu marcada fundamentalmente polas reformas do Estatuto dos Traballadores producidas pola Lei 63/1997, de Medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida, derivada do Acordo Interconfederal para a estabilidade do emprego subscrito polos interlocutores sociais, e polo Real Decreto-lei 15/1998, de Medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo en relación co traballo a tempo parcial e o fomento da sua estabilidade, que reflecte o acordo concluído entre o Governo e as Organizacións Sindicais máis representativas. A Lei 63/1997, ademais de dar nova regulación aos contratos formativos e de modificar diversos aspectos da contratación temporal, introduciu un novo contrato para o fomento da contratación indefinida, dirixido a determinados colectivos con especiais dificuldades para o aceso ao mercado de traballo, caracterizado pola previsión dunha indemnización en caso de extinción inferior á de carácter xeral, e cun período inicial de aplicación de catro anos, estando prevista a sua eventual continuidade máis alá do dito período. Pola sua parte, o Real Decreto-lei 15/1998 deu nova regulación ao contrato a tempo parcial, estabelecendo tanto elementos de maior garantia e protección social para os traballadores como outros de maior flexibilidade no seu réxime xurídico, por exemplo coa criación das horas complementárias. O tempo transcorrido desde estas reformas puxo de relevo uns efeitos globalmente positivos derivados das mesmas, traducidos no incremento do número de contratos indefinidos e a tempo parcial, e puxo tamén de relevo problemas práticos ou disfuncións en determinadas matérias, como o traballo a tempo parcial, dos que se derivou probabelmente que non se atinxisen plenamente todas as posibilidades de desenvolvimento da contratación que se poderian esperar. Tanto pola necesidade de decidir acerca da continuidade do contrato do fomento do emprego, como pola procedéncia de corrixir as disfuncións observadas, puxo-se de relevo a necesidade de formular unha nova regulación destas cuestións, cunha importáncia para o equilíbrio da política de emprego que parece inecesário salientar. Ademais, con carácter máis xeral, a evolución positiva do emprego nestes últimos anos amosou tamén a necesidade de formular novas reformas que sigan a favorecer esta evolución e que se oriente, particularmente, a reducir as ainda excesivas taxas de temporalidade existentes. Neste senso, este conxunto de novas reformas mantén a sua orientación cara ao fomento dun emprego máis estábel e de maior calidade, tanto utilizando, coas melloras ou correccións necesárias, as fórmulas contractuais xa experimentadas nos últimos anos, como o tempo parcial ou o contrato de fomento da contratación indefinida, como introducindo novas regulacións nos moi diversos aspectos da contratación laboral e do desenvolvimento das relacións laborais que podan incidir positivamente na medra do emprego e a mellora da sua calidade. Desta maneira, introducen-se diversas modificacións no Estatuto dos Traballadores, referidas en primeiro lugar á forma, duración e modalidades do contrato de traballo. De entre elas, cumpre destacar as dirixidas a reforzar o princípio de estabilidade no emprego, introducindo limitacións e garantias adicionais nos contratos temporais e de duración determinada. Do mesmo modo, introducen-se modificacións no réxime xurídico do contrato a tempo parcial, con obxecto de lograr un maior impulso e dinamismo desta modalidade contractual; o seu relevante papel no crecimento do emprego estábel e na adaptación ás necesidades de empresas e traballadores foi posto de relevo por todos os protagonistas das relacións laborais no contexto da Unión Europea. Enfin, a ampliación dos colectivos que poden beneficiar-se dos contratos formativos e a concreción e formalización através dun novo contrato de inserción dos programas de contratación de traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral e social constituen medidas dirixidas a instrumentar dunha forma máis adecuada actuacións típicas das políticas activas de emprego. Outras modificacións dirixen-se a reforzar as garantias nos supostos de subcontratación, en particular através dunha mellora dos instrumentos de información dos traballadores e os seus representantes que permita dotar a estas situacións laborais da debida transparéncia e seguridade xurídica. O mantimento do contrato para o fomento da contratación indefinida, que tan excelentes resultados obtivo nos últimos anos tras a sua criación en 1997 polos interlocutores sociais no Acordo Interconfederal para a Estabilidade do Emprego, e a incorporación do programa do fomento do emprego para o ano 2001 constituen outros elementos relevantes da norma que agora se aproba. Xunto a iso, merece destacar-se a derfogación da disposición adicional décima do Estatuto dos Traballadores, que estimulaba a adopción de medidas dirixidas a lograr a xubilación forzosa das traballadores de maior idade e a sua retirado do mercado de traballo, como instrumento no marco dunha política de emprego inspirada en conceicións e apoiada en realidades demográficas e do mercado de traballo claramente desactualizadas. O Governo considera que teria sido desexábel que este conxunto de reformas fose, como en anteriores ocasións, froito dos acordos dos interlocutores sociais. Porén, o que non fose posíbel a consecución do dito acordo no período de tempo previamente considerado polas partes non pode condicionar por máis tempo a adopción dunhas medidas a urxéncia das cais vén reclamada pola necesidade de actuar canto antes de maneira que se axude a corrixir os problemas da regulación laboral que poden estar a incidir negativamente na evolución do emprego. En todo caso o proceso de diálogo social desenvolvido, ainda que non alcanzase até o de agora resultados concretos, si permitiu coñecer as posicións dos interlocutores sociais e as fórmulas que desde estas posicións se consideraron máis positivas, o que sen dúbida influíu na configuración final desta reforma legal. E, desde entón, calquer resultado futuro que pudese alcanzar-se no dito diálogo social, en relación con estas ou con outras matérias, será evidentemente tido en conta polo Governo de cara á necesária adaptación permanente das estruturas legais aos requerimentos presentes e futuros do noso mercado de traballo. Na sua virtude, sendo urxente a adopción das anteriores medidas, tanto para permitir a sua imediata efectividade como para evitar distorsións no funcionamento do mercado de traballo, facendo uso da autorización contida no artigo 86 da Constituición, a proposta do Ministro de Traballo e Asuntos Sociais e tras deliberación prévia do Consello de Ministros na sua xuntanza do dia 2 de marzo de 2001, DISPOÑO: CAPÍTULO I Artigo 1º. Forma, duración e modalidades do contrato de traballo. Os artigos da Lei do Estatuto dos Traballadores, texto refundido aprobado por Real Decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, que se relacionan a seguir quedan modificados nos termos seguintes: Un. O apartado 2 do artigo 8 queda redactado na forma seguinte:
Dous. A letra a) do apartado 2 do artigo 11 queda redactada da seguinte forma:
Tres. O título e o apartado 1 do artigo 12 quedan redactados da forma seguinte:
Catro. O apartado 3 do artigo 12 queda redactado da forma seguinte:
Cinco. A letra a) do apartado 4 do artigo 12 queda redactada da forma seguinte:
Seis. O apartado 5 do artigo 12 queda redactado da forma seguinte:
Sete. A letra b) do apartado 1 do artigo 15 queda redactada da seguinte forma:
Oito. Ao apartado 1 do artigo 15 incorpora-se unha nova letra d) do seguinte teor literal:
Nove. No artigo 15 incorporarán-se catro novos apartados, cos números 5, 6, 7 e 8, do teor literal que a seguir se indica, pasando o actual apartado 5 a numerar-se como apartado 9:
Artigo 2º. Garantias por cámbio de empresário. O artigo 42 da Lei do Estatuto dos Traballadores, texto refundido aprobado por Real Decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, queda redactado da forma seguinte:
Artigo 3º. Extinción do contrato. Os artigos da Lei do Estatuto dos Traballadores, texto refundido aprobado por Real Decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, que se relacionan a seguir quedan modificados nos termos seguintes: Un. A letra c) do apartado 1 do artigo 49 queda redactada da seguinte forma:
Dous. No artigo 562 engada-se unha nova letra e) do seguinte teor literal:
Artigo 4º. Ámbito de aplicación. 1. Poderán acoller-se aos benefícios estabelecidos para o programa do fomento de emprego: 1.1 As empresas que contraten indefinidamente, e de acordo cos requerimentos e condicións que se sinalan nesta norma, a traballadores desempregados, inscritos na oficina de emprego e incluídos nalguns dos colectivos seguintes:
1.2 Os traballadores incluídos no campo de aplicación do Réxime especial da Seguridade Social para Traballadores Autónomos, dados de alta neste cando menos desde o 1 de xaneiro de 2000, que non tivesen asalariados ao seu cargo para o desempeño da sua actividade profisional nos doce meses anteriores á contratación e contraten indefinidamente o seu primeiro traballador. 1.3 As empresas e as entidades sen ánimo de lucro que contraten, indefinida ou temporalmente, traballadores desempregados en situación de exclusión social, poderán acoller-se aos benefícios previstos nesta norma nos termos que nesta se indican. A situación de exclusión social acreditará-se polos correspondentes servizos sociais municipais e queda determinada pola pertenza a algun dos seguintes colectivos:
2. Igualmente, incentivará-se, nos termos previstos nesta norma, a transformación en indefinidos dos contratos de duración determinada ou temporais, celebrados con anterioridade á entrada en vigor desta. Ademais, incentivará-se a transformación en indefinidos dos contratos formativos, de relevo e de substituición por antecipación da idade de xubilación, calquera que sexa a data da sua celebración. Artigo 5º. Requerimentos dos beneficiários. Os beneficiários das axudas previstas nesta norma deberán reunir os seguintes requerimentos: a) Estar ao corrente do cumprimento das suas obrigas tributárias e fronte á Seguridade Social tanto na data da concesión das axudas como durante a percepción destas. A falta de ingreso en prazo regulamentário das ditas obrigas dará lugar á perda automática das axudas. b) Non ter sido excluídos do aceso aos benefícios derivados da aplicación dos programas de emprego pola comisión de infraccións moi graves non prescritas, todo iso de conformidade co previsto no artigo 46.2 do Real Decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social. Artigo 6º. Incentivos. 1. Os contratos indefinidos iniciais a tempo completo ou parcial, celebrados durante o período comprendido entre a data de entrada en vigor desta e o 31 de decembro do ano 2001, darán direito, a partir da data da contratación, ás seguintes bonificacións da cota empresarial á Seguridade Social por continxéncias comuns:
2. A contratación indefinida a tempo completo ou parcial que realice un traballador autónomo dos referidos no número 1.1.2 do artigo primeiro, cun traballador desempregado dará lugar á aplicación das bonificacións na cota empresarial á Seguridade Social por continxéncias comuns previstas no número 1 deste artigo, cun incremento dun 5 por 100 respeito do previsto para cada caso. 3. Cando as contratacións previstas nas letras c), d), e), f) e h) do número 1 deste artigo se realicen a tempo completo con mulleres desempregadas, as bonificacións de cotas incrementarán-se en dez pontos. O dito incremento tamén é de aplicación ás contratacións a que se refere o número anterior. 4. As empresas e entidades que contraten indefinida ou temporalmente, ben mediante contratacións a tempo completo ou parcial, a traballadores desempregados en situación de exclusión social, nos termos do número 1.1.3 do artigo primeiro, poderán aplicar unha bonificación na cota empresarial á Seguridade Social por continxéncias comuns do 65 por 100, durante o resto da vixéncia do contrato, cun máximo de vinte e catro meses. Cando un mesmo traballador celebre distintos contratos de traballo, xa sexa cunha mesma empresa ou entidade, ou con outra distinta, con ou sen solución de continuidade, aplicará-se igualmente o máximo de vinte e catro meses desde a data inicial do primeiro contrato. 5. As transformacións en indefinidos dos contratos de duración determinada ou temporais, celebrados con anterioridade á entrada en vigor desta norma, asi como a dos contratos formativos, de relevo e de substituición por antecipación da idade de xubilación, calquera que sexa a data da sua celebración, darán lugar a unha bonificación do 25 por 100 durante o período dos vinte e catro meses seguintes ao início da vixéncia do novo contrato. Dará direito á mesma bonificación as transformacións de contratos de práticas e de relevo celebrados inícialmente a tempo parcial, en indefinidos a tempo parcial. Neste suposto a xornada do novo contrato indefinido será como mínimo igual á do contrato de práticas ou de relevo que se transforma. 6. Os contratos acollidos a este programa de fomento do emprego estábel formalizarán-se no modelo oficial que dispoña o Instituto Nacional de Emprego. Artigo 7º. Concorréncia de bonificacións. No suposto en que a contratación indefinida dun traballador desempregado celebrada en virtude deste programa de fomento de emprego pudese dar lugar simultaneamente á sua inclusión en máis dun dos supostos para as que están previstos bonificacións, só será posíbel aplicá-las respeito dun deles, correspondendo a opción ao beneficiário das deducións previstas nesta norma. Artigo 8º. Exclusións. 1. As axudas previstas neste programa non se aplicarán nos seguintes supostos:
2. As empresas ou entidades que extinguisen ou extingan, por despedimento declarado improcedente ou por despedimento colectivo, contratos bonificados ao abeiro desta norma e do Real Decreto-lei 9/1997, do 17 de maio, polo que se regulan incentivos en matéria de Seguridade Social e de carácter fiscal para o fomento e a estabilidade no emprego e da Lei 64/1997, do 26 de decembro; asi como da Lei 50/1998, do 30 de decembro; da Lei 55/1999, do 29 de decembro e da Lei 14/2000, do 29 de decembro, quedarán excluídos por un período de doce meses, das axudas contempladas na presente disposición. A devandita exclusión afectará a un número de contratacións igual ao das extinguidas. O período de exclusión contará-se a partir da declaración de improcedéncia do despedimento ou da extinción derivada do despedimento colectivo. Artigo 9º. Incompatibilidades. Os benefícios aqui previstos non poderán, en concorréncia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 por 100 do custo salarial anual correspondente ao contrato que se bonifica. Artigo 10º. Financiamento e control dos incentivos. 1. As axudas á contratación estabelecidas nesta norma financiarán-se con cargo á correspondente partida orzamentária do Instituto Nacional de Emprego. 2. A Tesouraria Xeral da Seguridade Social facilitará-lle mensualmente ao Instituto Nacional de Emprego o número de traballadores obxecto de bonificacións de cotas á Seguridade Social, detallados por colectivos, coas suas respectivas bases de cotización e as deducións que se apliquen como consecuéncia do previsto nesta norma. 3. Coa mesma periodicidade, o Dirección Xeral do Instituto Nacional de Emprego facilitará-lle á Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social a información necesária sobre o número de contratos rexistados obxecto de bonificacións de cotas, detallados por colectivos, asi como canta información relativa ás cotizacións e deducións aplicadas a estes sexa precisa, para o efeito de facilitar a este centro directivo a planificación e programación da actuación inspectora que permita vixiar a adecuada aplicación das bonificacións previstas nesta norma polos suxeitos beneficiários da mesma. Artigo 11º. Reintegro dos benefícios. 1. Nos supostos de obtención das axudas sen reunir os requerimentos exixidos para a sua concesión, procederá a devolución das cantidades deixadas de ingresar por bonificación de cotas á Seguridade Social co recargo correspondente. 2. A obriga de reintegro estabelecida no número anterior entende-se sen prexuízo do previsto no Real Decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social. Artigo 12º. Axudas baixo condicións de "minimis". As axudas contempladas nesta norma estarán suxeitas ao que dispón o Regulamento CE número 69/2001 da Comisión Europea, do 12 de xaneiro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de "minimis." De conformidade coa mesma, as axudas previstas na presente norma non son de aplicación ás empresas dos sectores do transporte e ás que desenvolvan actividades relacionadas coa produción, transformación ou comercialización nos sectores da agricultura, a pesca e a acuicultura. As empresas non incluídas nos sectores antes citados poderán beneficiar-se das axudas contempladas nesta norma, o importe total das cais non poderá ser superior a 100.000 euros (16.638.600 pesetas) en tres anos.
Artigo 13º. Exclusións. A letra c) do artigo 8 da Lei 14/1994, de 1 de xuño, pola que se regulan as empresas de traballo temporal, queda redactada da seguinte forma:
Primeira. Contrato para o fomento da contratación indefinida. 1. Con obxecto de facilitar a colocación estábel de traballadores desempregados e de empregados suxeitos a contratos temporais, poderá concertar-se a partir da entrada en vigor desta disposición o contrato de traballo para o fomento da contratación indefinida que se regula nesta disposición, nas condicións previstas nela. 2. O contrato poderá concertar-se con traballadores incluídos nun dos grupos seguintes:
3. O contrato concertará-se por tempo indefinido e formalizará-se por escrito, no modelo que se estabeleza. O rexime xurídico do contrato e os direitos e obrigas que del se deriven rexerán-se, con carácter xeral, polo disposto na Lei e nos convénios colectivos para os contratos por tempo indefinido, coa única excepción do disposto nos apartados seguintes. 4. Cando o contrato se extinga por causas obxectivas e a extinción sexa declarada improcedente, a contia da indemnización á que se refere o artigo 53.5 do Estatuto das Traballadores, na sua remisión para os efeitos do despedimento disciplinário previstos no artigo 56 do mesmo texto legal, será de trinta e tres dias de salário por ano de servizo, rateando-se por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e até unha máxima de vinte e catro mensualidades. 5. Non poderá concertar o contrato para o fomento da contratación indefinida ao que se refere esta disposición a empresa que nos seis meses anteriores á celebración do contrato realizase extincións de contratos de traballo por causas obxectivas declaradas improcedentes por sentenza xudicial ou procedese a un despedimento colectivo. En ambos os supostos, a limitación afectará unicamente á cobertura daqueles postos de traballo da mesma categoria ou grupo profisional que os afectados pola extinción ou despedimento e para o mesmo centro ou centros de traballo. Esta limitación non será de aplicación no suposto de despedimento colectivo cando a realización dos contratos aos que se refere esta disposición fose acordada cos representantes dos traballadores no período de consultas previsto no apartado 4 do artigo 51 do Estatuto dos Traballadores. 6. No marco do deseño dos planos e programas de política de emprego e da análise do funcionamento do mercado de traballo, o Governo procederá a avaliar os efeitos desta medida para o fomento da contratación indefinida, a fin de determinar a necesidade ou non do mantimento desta e propor, se é o caso, as modificacións que procedan. Segunda. Bonificacións de cotas de Seguridade Social para os traballadores en períodos de descanso por maternidade, adopción e acollimento. Á cotización das traballadoras/é ou sócias/os substituídas/os durante os períodos de descanso por maternidade, adopción e acollimento, mediante os contratos de interinidade bonificados, celebrados con desempregados, a que se refere o Real Decreto-lei 11/1998, do 4 de setembro, será-lles de aplicación unha bonificación do 100 por 100 nas cotas empresariais da Seguridade Social, incluídas as de acidentes de traballo e enfermidades profisionais e nas achegas empresariais das cotas de recadación conxunta. Só será de aplicación esta bonificación mentres coincidan no tempo a suspensión de actividade polas ditas causas e o contrato de interinidade do substituto. A duración máxima das bonificacións previstas para as traballadoras/es ou sócias/os substituídas/os coincidirá coa situación de suspensión da sua relación profisional, co límite máximo que proceda segundo os casos. Terceira. Fomento do emprego temporal de traballadores minusválidos. Durante o ano 2001 continuará sendo de aplicación, a disposición adicional sexta da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e de orde social, en relación co artigo 44 da Lei 42/1994, do 30 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e de orde social, no relativo aos traballadores discapacitados.
Primeira. Contratos celebrados antes da entrada en vigor deste Real Decreto-lei. Os contratos celebrados antes da entrada en vigor deste Real Decreto-lei, incluídos os contratos para o fomento da contratación indefinida celebrados ao abeiro do previsto na disposición adicional primeira do Real Decreto-lei 8/1997, do 16 de maio, ou na disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, continuarán rexendo-se pola normativa legal ou convencional vixente na data en que se celebraron. Segunda. Extincións de contratos. A indemnización por finalización do contrato á que se refere o primeiro parágrafo da letra c) do apartado un do artigo 49 do Estatuto dos Traballadores na redacción dada por este Real Decreto-lei, non será de aplicación ás extincións de contratos celebrados con anterioridade á sua entrada en vigor, calquera que sexa a data da sua extinción. As extincións de contratos producidas antes da entrada en vigor desta Lei rexerán-se polas disposicións vixentes na data en que tivesen lugar.
Única. Alcande da derrogación normativa. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste Real Decreto-lei e, expresamente, as seguintes: a) A disposición adicional décima da Lei do Estatuto dos Traballadores, texto refundido aprobado por Real Decreto-lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. b) A disposición adicional única do Real Decreto-lei 15/1998, do 27 de novembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo en relación co traballo a tempo parcial e a mellora da sua estabilidade. c) As disposicións adicionais primeira e segunda da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de Medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida. d) A disposición adicional trixésimo primeira da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e da orde social.
Primeira. Disposicións de aplicación e desenvolvimento. Autoriza-se ao Governo para ditar as disposicións que sexan necesárias para a aplicación e desenvolvimento deste Real Decreto-lei. Segunda. Entrada en vigor. Este Real Decreto-lei entrará en vigor o dia seguinte á da sua publicación no Boletin Oficial do Estado.
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2001 |