Actualidade / DocumentoVolver


Vigo, 27 de marzo de 2001

A taxa de precariedade situou-se no 34,2% no 2000
O 93% dos contratos realizados en Galiza durante o ano 2000 foron temporais
 

Natividade Lopez Gromaz-

Gabinete Técnico Confederal da CIG



Con este novo incremento da taxa de temporalidade volvemos a situar-nos novamente en valores superiores ao 34%, taxa considerada excesivamente alta e que foi a excusa da reforma laboral do ano 1997 (no ano 1996 estaba no 33%); a dita reforma, como vemos, non cumpriu os obxectivos que pretendia de reducir a precariedade e aumentar o emprego de calidade.

Os dados que nos facilita o INEM permiten-nos avaliar a contratación en Galiza no ano 2000. Un ano máis temos que destacar o elevado número de contratos que se rexistraron na nosa comunidade; mália a ralentización no seu crecimento, aumentaron un 4,96% con respeito ao ano anterior, xa que en 1999 medraran un 14,17%. Rexistraron-se 692.591 contratos, dos cais 682.109 son novos contratos e 10.482 son contratos xa existentes que neste último ano se converteron en indefinidos.

O número e o peso porcentual de cada un deles sobre o total fornecemo-los no cadro seguinte:

Contratos segundo modalidades de contratación
  

%

 

%

 

%

 

1998

1998

1999

1999

2000

2000

Duración temporal

529.066

92,18

604.065

91,54

641.298

92,59

Por obra ou servizo

195.503

34,06

215.762

32,70

223.027

32,20

Event. por circunst da prod.

149.570

26,06

186.425

28,25

205.344

29,65

Interinidade

34.066

5,94

42.610

6,46

43.264

6,25

Temporal para minusválidos

227

0,04

222

0,03

326

0,05

A tempo parcial

108.436

18,89

105.102

15,93

111.150

16,05

Subst. por xub aos 64 anos

86

0,01

72

0,01

89

0,01

Práticas

5.228

0,91

5.793

0,88

6.255

0,90

Formación lei 63/97

13.155

2,29

16.060

2,43

13.361

1,93

Minusválidos en CEE

255

0,04

372

0,06

391

0,06

Outros

22.540

3,93

31.647

4,80

38.091

5,50

 
Duración indefinida

44.895

7,82

55.827

8,46

51.293

7,41

Indefinidos ordinários

10.054

1,75

10.367

1,57

12.718

1,84

Indefinidos lei 63/97

14.414

2,51

16.782

2,54

19.835

2,86

Minusválidos

298

0,05

437

0,07

535

0,08

A tempo parcial

5.348

0,93

6.774

1,03

7.723

1,12

C. convertidos en indef

14.781

2,58

21.467

3,25

10.482

1,51

 
Total

573.961

100,00

659.892

100,00

692.591

100,00

Fonte: elaboración própria a partir dos dados facilitados polo INEM.

Neste último ano, foron contratos asinados baixo algunha das modalidades de duración temporal os que en conxunto medraron con respeito ao ano anterior, aumentando máis dun punto o peso sobre o total da contratación, até acadar o 92,59% do total dos contratos rexistrados.

O número total de contratos indefinidos asinados en 2000 descendeu un 8,12% a consecuéncia da forte caída que sofreron os contratos convertidos en indefinidos, que baixaron máis do 50% con respeito a 1999. Asi, os contratos rexistrados cunha duración indefinida alcanzan o 7,41% do total, un ponto menos que o ano anterior, o que en valores absolutos significa 51.293 contratos.


En 2000, o 7,41% dos contratos rexistrados teñen unha duración indefinida

Dentro dos contratos de duración indefinida, ao longo do 2000, foron os indefinidos ordinários os que máis medraron, concretamente un 22,68%, pasando a representar o 1,84% dos contratos (1,57% en 1999), e o 24,8% dos de duración indefinida.

Apesar deste medre importante dos indefinidos ordinários, son os indefinidos suxeitos á lei 63/97 os máis numerosos; no ano 2000 rexistraron-se 19.835 baixo esta modalidade.

Os convertidos en indefinidos descenderon fortemente en 2000, consecuéncia sobretodo de se limitaren as axudas á transformación en indefinidos aos contratos de aprendizaxe, práticas, formación e de relevo vixentes ao entrar en vigor a lei 55/98. Con estas restricións, o número de contratos asinados baixo esta modalidade descendeu un 51,17%, acadando en valores absolutos os 10.482 contratos, o 1,5% do total. No ano anterior rexistraran-se o 3,25% dos contratos baixo esta modalidade.

Os indefinidos a tempo parcial é outra das modalidades que aumenta ano a ano; en 2000 acadaron-se os 7.723 contratos un 1,12% do total.

O descenso do peso porcentual dos contratos indefinidos sobre o total dos contratos rexistrados en 2000 reflecte-se, asi mesmo, no aumento da taxa de temporalidade en Galiza neste último ano, aseveración que nos permiten facer os dados que achegamos na táboa seguinte sobre asalariados por tipo de contrato.

Asalariados segundo tipo de contrato
 

1997

1998

1999

2000

 

Total

%

Total

%

Total

%

Total

%

Cont. indefinido

365,5

64,5

396,8

65,8

420,8

66,1

441,3

65,6

Contrato temporal

194,7

34,3

201,1

33,3

215,8

33,9

231,3

34,3

Non clasificábeis

6,2

1,0

4,6

0,7

Total

566,5

100

602,6

100

636,6

100

672,6

100

Fonte: Enquisa de Povoación Activa, dados en miles. Médias anuais.

Neste último ano mantivo-se a tendéncia dos últimos anos de incremento da povoación ocupada asalariada; en 2000 o aumento foi do 5,6%, aumento que como vén sendo habitual foi maior entre os asalariados con contrato temporal que entre os indefinidos, polo que a taxa de temporalidade aumentou en 4 décimas, situando-se no 34,3%.


A taxa de temporalidade situa-se no 34,3% en 2000

Con este novo incremento da taxa de temporalidade volvemos a situar-nos novamente en valores superiores ao 34%, taxa considerada excesivamente alta e que xustificou a reforma laboral do ano 1997 (no ano 1996 estaba no 33%); a dita reforma, como vemos, non cumpriu os obxectivos que pretendia de reducir a precariedade e aumentar o emprego de calidade.

En 2000, foi entre os homes onde aumentou a taxa de temporalidade, case un ponto con respeito ao ano anterior, situando-se perto do 34%; entre as mulleres mantén-se por riba do 35%.

Segundo a Enquisa de Povoación Activa, en 2000 aumentou o número de asalariados con contrato indefinido en 20.500 (menos que o ano anterior, que se incrementara en 24.000), mentres que se rexistraron 51.293 contratos de duración indefinida, o que abre novamente un interrogante sobre estas diferenzas que nos fai pensar que, simultaneamente a esta evolución de contratos indefinidos, se está a dar un incremento no número de despedimentos de traballadores fixos.

Os contratos de duración temporal son os máis numerosos; no ano 2000 chegan ao 92,6% do total de contratos rexistrados baixo algunha das distintas modalidades que a lexislación permite, o que en valores absolutos equivale a 641.298 novos contratos, un 6,2% máis que o ano anterior.


Os contratos temporais supoñen o 92,6% do total

Para medir a rotación que existe no mercado laboral galego, temos que comparar o número de contratos rexistrados de duración temporal (641.298) co número de asalariados con contrato temporal (231.300), o que nos dá unha média de 2,77 contratos por persoa.


Cada traballador con contrato temporal tivo unha média de 2,77 contratos ao longo de 2000

A rotación no emprego é maior entre as mulleres que entre os homes; mentres que nestes últimos o número médio de contratos por persoa foi de 2,6, entre as mulleres foi de 3,12.

As modalidades máis utilizadas dentro da contratación temporal seguen sendo as de por obra ou servizo e os eventuais por circunstáncias da produción, xuntos alcanzan o 61,8% do total dos contratos rexistrados.

Os contratos por obra ou servizo determinado seguen sendo os máis numerosos, xa que este tipo de contrato se adapta perfeitamente ao típico contrato temporal ordinário; asi a maioria deles teñen unha duración indeterminada. Neste ano celebraron-se 223.027 baixo esta modalidade, un 3,37% máis que en 1999.

Os eventuais por circunstáncias da produción, ano a ano, van collendo máis adeptos. Son contratos cunha duración máxima de 6 meses dentro dun período de 12 –ainda que tanto a duración como o período se poden variar por convénio colectivo, nunca o período pode ser superior a 18 meses nen a duración exceder das tres cuartas partes do período– para a realización de traballos relacionados coa actividade normal da empresa cando as circunstáncias asi o requeiran.

Este tipo de contrato aumentou un 10,15% en 2000, o que significou 18.919 contratos máis dos rexistrados baixo esta modalidade o ano anterior, reducindo-se as diferenzas cada ano máis cos de obra ou servizo determinado, que como dixemos anteriormente seguen sendo os máis numerosos.

Os contratos a tempo parcial de duración determinada son os terceiros máis numeros; cun incremento do 6,25% en 2000 situan-se nos 118.873; son contratos, como veremos máis adiante, feitos sobretodo a mulleres.

O resto das modalidades de contratación de duración temporal son pouco significativas en termos cuantitativos, ainda que salienta o forte incremento que rexistraron algunhas delas como a temporal para minusválidos, que aumentou un 46,8% pero da cal tan só se rexistraron 326 contratos.

Tan importante como coñecer o número de contratos nas distintas modalidades é coñecer a duración destes, dados que facilitamos no cadro seguinte, referido loxicamente aos de duración determinada:

Contratos de traballo segundo a duración en meses
 
 

<=1

<1 a >=3

<3 a >=6

<6 a >=12

<12 a >=18

<18 a >=24

<24 a >=30

>30

Indet

 
Duración temporal
Por obra ou serv det

7.311

5.289

6.384

4.371

148

95

7

93

199.329

Event. por circun prod.

98.213

50.149

50.317

5.580

1.085

Interinidade

8.909

3.206

1.287

152

16

5

4

29.685

Temp para minusv

310

4

12

A tempo parcial

20.223

28.654

22.077

4.703

269

25

18

150

35.031

Subst. por xub 64 anos

82

2

5

Práticas

2.742

3.381

53

79

Formación lei 63/97

12.435

789

24

104

1

8

Minusválidos en CEE

31

4

1

1

26

Outros

19.404

310

2.321

1.467

134

36

4

77

14.338

 
Total

154.091

87.612

97.564

20.836

1.735

344

30

344

278.414

 %/total

23,74

13,50

15,03

3,21

0,27

0,05

0,00

0,05

42,90

Fonte: Elaboración própria a partir dos dados facilitados polo INEM.

Se nos centramos na duración dos contratos, un ano máis temos que destacar a reducida duración destes. Tendo en conta todas as modalidades de contratación de duración temporal, o 23,74% teñen unha duración inferior ao mes, un 13,5% duran entre 1 e 3 meses e un 15% de 3 a 6 meses. En conxunto, os de menos de 6 meses son o 52,27% do total.


O 23,7% dos contratos duran menos dun mes

A relación anterior queda desvirtuada ao incluir os de por obra ou servizo determinado, xa que este tipo de modalidade contractual, como xa explicamos anteriormente, se fai na maioría dos casos por tempo indeterminado, o que non significa que a sua duración sexa moi longa, e ao ser o contrato máis utilizado modifica moito as porcentaxes. Se non temos en conta esta modalidade, o 34% dos contratos dura menos dun mes, e o 75% menos de 6 meses.

As modalidades máis utilizadas son aquelas que permiten unha menor permanéncia no posto de traballo; asi nos eventuais por circunstáncias da producción –segundos máis empregados e os que máis están medrando nos últimos anos– o 48% ten unha duración inferior ao mes.

Esta escasa duración dos contratos afecta, entre outras cousas, á protección dos traballadores desempregados, ao necesitar uns períodos mínimos de alta dun ano para ter aceso a este tipo de prestaccións. Deste xeito, o número de traballadores que receben prestacións por desemprego é moi baixa. A seguir, achegamos as taxas de cobertura bruta (tendo en conta todos os parados) e neta (contando somente os parados da indústria, construción e servizos) dos tres últimos anos:

Taxas de cobertura das prestacións por desemprego
 
 

Taxa neta

Taxa bruta

1998

55,9

42,2

1999

57,8

44,0

2000

60,1

46,2

Fonte: Elaboración própria a partir dos dados facilitados polo INEM.

Apesar do considerábel descenso do número de parados nos últimos anos –desde 1998 un 15,6%–, a taxa de cobertura só aumentou en 4 pontos, pasando dun 42,2% nese ano a un 46,2% en 2000, o que significa que en valores absolutos descendeu o número de parado con algun tipo de cobertura; en 1998 habia 66.100 traballadores cobrando prestacións, a finais do 2000 62.600, nun momento dos máis favorábeis da economia galega dos últimos anos.

No resto do Estado, as taxas de cobertura son unha média de 6 pontos superiores ás de Galiza mália ter o noso país uns níveis de paro superiores, diferenza que se mantén ao longo do período analisado.


Entre a mocidade rexistra-se o maior número de contratos

A mocidade xunto coa muller son, como sabemos, os colectivos máis prexudicados do mercado laboral galego polas altas taxas de paro e de precariedade que apresentan. Proba disto é o elevado número de contratos que rexistra o colectivo da mocidade, sobretodo de contratos temporais, como se reflecte no cadro que achegamos máis abaixo.

Ainda que sabemos que existen determinados contratos condicionados á idade do traballador, como son os de formación ou indefinidos incentivados para menores de 30 anos, isto non xustifica que o 55% do total dos contratos rexistrados no ano 2000 teñan como destinatário un menor de 30 anos.

Modalidades de contratación segundo idade
 
 

<25

25 a 29

30 a 39

40 a 44

>45

total

 
Duración temporal
Por obra ou servizo

61.438

46.309

61.213

21.274

32.793

223.027

Event. por circ. da prod.

70.132

47.533

50.472

15.442

21.765

205.344

Interinidade

9.433

11.039

13.738

5.030

4.024

43.264

Temporal para minusv

55

70

103

43

55

326

A tempo parcial

50.908

27.683

24.902

6.989

8.391

118.873

Subst. por xub 64 anos

15

25

29

11

9

89

Práticas

3.705

2.288

250

8

4

6.255

Formación lei 63/97

10.343

3.018

13.361

Minusválidos en CEE

64

93

123

49

62

391

Outros

7.213

8.271

11.386

4.571

6.650

38.091

 
Duración indefinida
Indefinidos ordinários

1.312

1.821

6.211

1.835

1.539

12.718

Indefinidos lei 63/97

6.948

7.757

434

129

4.567

19.835

Minusválidos757418664136535
 
Total221.641155.981169.04755.44579.995682.109

Fonte: Elaboración própria a partir dos dados facilitados polo INEM.


O 55% dos contratos rexistrados son subscritos por menores de 30 anos

Ademais, estas proporcións tan elevadas afectan a todas as modalidades de contratación; por exemplo, entre os eventuais por circunstáncias da produción, máis do 34% dos mesmos se rexistrae a nome dun menor de 25 anos –recordemos que estes son contratos, na maioria dos casos, de escasa duración–, e o 57% entre menores de 30 anos.

Os de obra ou servizo determinado, outro tipo de modalidade contractual que ao igual que os eventuais por circunstancias da produción non está afectada por nengun incentivo de fomento do emprego, é outro tipo de contrato moi usado entre a mocidade; o 27% do total afecta aos menores de 25 anos. Se incluímos o seguinte tramo de idade, até os 30 anos, alcanza o 48% do total dos contratos.

Resumindo, independentemente das modalidades destinadas explicitamente á xente nova, a maioria dos contratos son asinados por menores de 30 anos.


Diferenzas por sexos

As diferenzas por sexos tamén son significativas. No cadro que amosamos a continuación reflectimos estas segundo as distintas modalidades de contratación.

Contratos segundo sexo
 
 

Homes

Mulleres

Total

 
Duración temporal

380.437

268.584

649.021

Por obra ou servizo deter.

157.501

65.526

223.027

Event. por circunst da prod.

131.827

73.517

205.344

Interinidade

15.451

27.813

43.264

Temporal para minusválidos

262

64

326

A tempo parcial

43.883

74.990

118.873

Subst. por xub. aos 64 anos

68

21

89

Práticas

3.317

2.938

6.255

Formación lei 63/97

8.649

4.712

13.361

Minusválidos en CEE

231

160

391

Outros

19.248

18.843

38.091

 
Duración indefinida

22.160

10.928

33.088

Indefinidos ordinários

9.474

3.244

12.718

Indefinidos lei 63/97

12.268

7.567

19.835

Minusválidos

418

117

535

 
Total contratos

402.597

279.512

682.109

Fonte: Elaboración própria a partir dos dados facilitados polo INEM.

En concordáncia coa proporción que cada un dos sexos ten sobre a povoación asalariada galega, de média o número de contratos subscritos por homes alcanza perto do 60% do total mentres as mulleres subscreben o restante 40%.

Esta proporción mantén-se entre os contratos de duración determinada, xa que entre os indefinidos as diferenzas son maiores. Apesar de que na maioria dos contratos indefinidos incentivados para a criación de emprego as bonificacións son maiores no caso de que sexan subscritos por mulleres, non se conseguen reducir as fortes diferenzas existentes entre sexos: o 67% dos contratos indefinidos son subscritos por homes e o 33% restante por mulleres.


O 67% dos contratos indefinidos son subscritos por homes

No caso dos indefinidos suxeitos á lei 63/97, nos cais as bonificacións son, de média, 5 pontos superiores no caso de que sexan subscritos por mulleres, somente se rexistraron a nome de mulleres o 38,15% do total.

Dentro dos de duración determinada, ainda que as mulleres subscreben de média o 41% do total, existen duas modalidades de contratación que podemos considerar esencialmente femininas; falamos dos contratos a tempo parcial – o 63% son asinados por mulleres– e os de interinidade –onde as mulleres asinan o 64%–.

No peso que cada modalidade ten sobre o total dos rexistrados a cada sexo, vemos que entre os homes o 94,5% son de duración determinada e o restante 5,5% indefinidos. Entre as mulleres a proporción de temporais é maior; alcanza o 96% do total e, polo tanto, a proporción de indefinidos é menor, 4%.

Entre os homes a modalidade de contratación máis utilizada é a de obra ou servizo determinado, con case o 40% dos contratos asinados baixo esta modalidade; entre as mulleres son os contratos a tempo parcial, en 2000 por volta do 27%, a modalidade máis empregada.

Con este maior peso que en xeral teñen os contratos temporais entre as mulleres que entre os homes, é lóxico que estas teñen unha maior taxa de temporalidade (35% fronte ao 33,9% entre os homes), e unha maior rotación no emprego (3,1 contratos por cada asalariada con contrato temporal fronte ao 2,6 que apresentan os homes).
Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/03/2001