Actualidade / Artigo Santiago, 02 de febreiro de 2001 Porto Alegre é o laboratório dunha forma de democrácia: a democrácia participativa
Nesta cidade do sul de Brasil, os habitantes deciden, directamente, os investimentos que debe realizar o município. O método, posto en prática desde hai doce anos, é orixinal e coñecido co nome de "O.P.", abreviatura, en portugués, de "orçamento participativo". Nesta cidade do sul de Brasil, os habitantes deciden, directamente, os investimentos que debe realizar o município. O método, posto en prática desde hai doce anos, é orixinal e coñecido co nome de "O.P.", abreviatura, en portugués, de "orçamento participativo". Cada ano, os habitantes dos bairros reúnen-se en asambleas de "O.P.". Todo o mundo pode participar nas mesmas. Nestas xuntanzas, coordenadas por un empregado municipal sen direito a voto, os viciños deciden en que domínios desexan investir: a "educación"? a "infraestrutura viária"? o "aloxamento"? As opcións seleccionadas como prioritárias serán dotadas polas maiores partidas orzamentárias. Os bairros reparten-se, en efeito, o orzamento municipal, en función da povoación e do grao de desenvolvimento dos mesmos. Asi, os bairros pobres obterán, proporcionalmente, máis recursos que os bairros ricos. Nunha segunda xuntanza, o "povo" (é o termo oficial) analisa diferentes proxectos. Se a opción máis prioritária é a educación, os viciños deben decidir como estruturar o capítulo orzamentário destinado á mesma. Debe optar-se por construir unha nova gardaria ou deben contentar-se coa reparación dos locais da escola? A asamblea toma as decisións. Tamén esta escolle os seus delegados nos plenos do O.P. Estes plenos clasifican os proxectos, propoñen o orzamento municipal e nunha etapa ulterior, controlan as obras, o desenvolvimento correcto do proceso de oferta pública de contrata de servizos. "Chegamos a conseguir unha redución de custos aproximada ao 30%", explica Íria Charao, unha das responsábeis da OP. "A OP economiza os recursos, porque esta é transparente e dificulta tanto a aparición da corrupción que esta é imposíbel.. Ademais, a xente sente-se implicada nas obras que se realizan nos seus respectivos entornos e oferecen, frecuentemente, alternativas orixinais e ademais moita máis baratas que as que estaban programadas". Unha vez concluído o orzamento, este é apresentado, ofícialmente, ao alcalde. O último non impón emendas, como signo de respeito a esta forma de democrácia directa. Asina-o e propó-no, oficialmente, ao pleno municipal, independente, en Brasil, do poder executivo municipal. Este pleno é o órgao competente para lexitimar o orzamento proposto e para autorizar a aplicación do mesmo. A OP implica os investimentos a realizar. O soldo dos funcionários, o financiamento da débeda municipal e os gastos correntes que escapan ás competéncias daquela. De feito, o OP non está rexistrado na institución. Trata-se dunha consulta cidadá respeitada polo governo municipal. O éxito do proxecto é evidente e este aponta marcadamente ao Partido dos Trabalhadores (PT), mestura de esquerda, de socialdemócratas, de cristiáns progresistas e de sindicalistas. A célula do PT de Porto Alegre foi a primeira en aplicar este proceso, en 1989. Desde entón, o PT gañou catro veces seguidas as eleicións municipais. 200 municípios brasileiros pratican actualmente esta democrácia directa. Desde 1999, o Estado de Rio Grande do Sul, que o é do município de Porto Alegre, é, asi mesmo, governado polo PT. O governador, Olívio Dutra trata de implantar comités do PT en todo o território deste estado, máis grande que Uruguai.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/02/2001 |