Actualidade Santiago, 8 de novembro de 2000 A CIG logra a novena resolución xudicial favorábel aos funcionários e contra o alcalde de Dozón
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estimou o recurso apresentado pola CIG contra a resolución do alcalde de Dozón, Adolfo Campos, pola que se ordenaba o translado da funcionária Ana Lois ao centro socio-cultural mais coñecido como a Casa das Piscinas. O xulgado recoñece asi a argumentación sindical baseada no feito de que o devandito lugar non reúne as condicións mínimas para desenvolver as funcións administrativas, xa que a funcionária encontrábase ali totalmente aillada do resto dos seus compañeiros, e incluso tiña proibido o uso do teléfono móbil e da leitura. A CIG xa denunciara que a funcionária Ana Lois, delegada sindical da central nacinalista, estivo durante 38 dias sen auga no edifício e tampouco dispuña de calefacción. Con esta xa son nove as senténcias xudiciais favorábeis aos funcionários desde que comezou o enfrontamento co rexidor municipal, hai mais de ano e medio. A senténcia sinala que Lois debe retornar ás oficinas do axuntamento. A CIG ratifica que o alcalde Aldolfo Campos deberia pagar do seu peto os custos que supoñen ao concello os trámites xudiciais das suas aloucadas e arbitrárias decisións e volve a sinalar ao PP como responsábel en última instáncia desta situación que atenta contra os mais elementais direitos sindicais e políticos.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2000 |