Actualidade / Artigo Santiago, 31 de maio de 2000 A redución de xornada en Franza criou 500.000 postos de traballo nun ano
Agora que comeza outra volta de torca da contrarreforma laboral é convinte espallar certas cousas que pasan nesa Europa na que queren entrar os novos liberalizadores e centristas recén chegados do PP. Xa que nos queremos parecer a Europa, ai van algunhas suxeréncias.
Na Franza o salário mínimo interprofisional dobra con creces ao español, aparte de que os salários meios están tamén moi por riba. Nese país europeu existe desde hai dous anos a lexislación das 35 horas de xornada, cunha interesante derivación en criación de emprego (500.000 novos postos de traballo no último ano). O gasto en protección social, medido en términos de PIB, e moito máis alto que o español. Tamén os impostos son maiores, tanto os impostos xerais como as cotizacións sociais.
Franza goza hoxe de superávit fiscal e a sua inflación está a menos da metade da española. Ningunha das cousas que se fan en Franza "convence" aos liberalizadores deste lado dos Pirineos.
Rato e a CEOE xa "demonstraron" que con altos impostos e cotizacións sociais, xornada de 35 horas, altos salários mínimos e elevado gasto social non se pode criar emprego. Logo o que pasa en Franza é unha milagre. O verdadeiro tercer segredo de Fátima.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/05/2000 |